The 3rd Birthday chegará ás tendas españolas o 1 de abril

xoves, 24 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

Square Enix anunciou que The 3rd Birthday, o último título da saga Parasite Eve, estará dispoñible en Europa o vindeiro 1 de abril en exclusiva para a PSP e, aparte da súa edición básica, tamén existirá outra Twisted con extras coma un libro de ilustracións de 44 páxinas, 2 ilustracións da protagonista do xogo, un traxe de Brea para Lightning en Dissidia 012: Final Fantasy e unha tarxeta de desconto do 50% na compra de Final Fantasy II na PlayStation Store.
Para celebrar o anuncio da data de lanzamento deste xogo, que vai chegar a España subtitulado en español, Square Enix tamén publica un trailer que facilita facernos unha idea do que vai achegar este título:

PUBLICIDADE