The Black Eyed Peas terán xogo de baile para Wii e Kinect (Xbox 360)

luns, 27 de xuño do 2011 Marcus Fernández

Os sistemas de xogo baseados no control por movemento están a facer que os títulos de baile sigan os pasos dos simuladores musicais con guitarras, e iso está a levar que os responsables de Michael Jackson: The Experience queiran converter a súa marca en franquía e anuncien agora The Black Eyed Peas Experience, xogo de baile de Ubisoft que tomará como protagonistas aos membros de The Black Eyed Peas, de xeito que Fergie, will.i.am, Taboo e apl.de.ap moverán o esqueleto ao ritmo das súas cancións para que poidamos emulalos cos mandos da Wii ou co sensor Kinect da Xbox 360.
Polo momento o xogo non ten data de lanzamento (aínda que o propio sería que chegase ás tendas antes do Nadal), pero o seu trailer adianta varias das cancións que estarán presentes no que promete ser todo un éxito entre seareiros do grupo e dos xogos de baile:

PUBLICIDADE