The Conduit decepciona á crítica

venres, 3 de xullo do 2009 Marcus Fernández

O vindeiro día 10 chega ás tendas españolas o videoxogo The Conduit, coa esperanza de ser un xogo de acción en primeira persoa para Wii que podería convencer aos hardcore gamers, e sobre o que había moitas esperanzas, pero a crítica internacional xa se dedicou a poñelo no seu sitio, e finalmente parece que este xogo destaca especialmente no catálogo da consola doméstica de Nintendo, pero se o comparamos con outros títulos do mesmo xénero non resiste o balance, e teriamos un xogo decente, pero que para nada convencería a un afeccionado ao xénero para pasarse á Wii, como se aseguraba hai uns meses.
De feito, dende Game Informer din cousas que a experiencia de xogo en rede con The Conduit é lixeiramente mellor á que poidamos ter nun PC ¡en 1998! e a xente de Nintendo World Report non parece estar convencida do seu modo de campaña de un xogador; aínda que por outra banda en GameSpot comentan as bondades do seu sistema de control.
Se miramos a puntuación que recibe este xogo en Metacritic (sistema baseado nas críticas en revistas e páxinas web especializadas) é un digno 74 sobre 100, quedando no posto 27 nos títulos recentes e próximos de Wii, o que non resulta nada rechamante, polo que aínda que esteamos a falar dun produto que tecnicamente poida converterse nun referente, iso non impide que dende Giant Bomb o valoren cun 4 sobre 10.

PUBLICIDADE