The Division inicia a súa beta aberta

xoves, 18 de febreiro do 2016 Marcus Fernández

Tal e como anunciaron a semana pasada, os usuarios de Xbox One puideron comezar a gozar da beta aberta de Tom Clancy’s The Division, un prometedor xogo do que tamén poderán gozar deste anticipo os xogadores de PlayStation 4 e PC a partires de mañá.
Esta versión de proba de The Division permite situar ao xogador con até tres amigos no corazón de New York, nunha loita para recuperar as rúas e que permitirá que o noso axente poida chegará alí até o nivel 8, aínda que tamén poderá optar por intentar chegar até o nivel 12 na Zona Escura (zona do xogo destinada ao PvP). Nesta misión poderase xuntar botín, desbloquear habilidades e aprender a usalas de xeito individual ou en equipo, á vez que se desenvolve o personaxe.
Os participantes nesta beta tamén recibirán unha recompensa especial da que poderán gozar se mercan finalmente o xogo que sairá á venda o 8 de marzo e promete ser un dos grandes éxitos da primeira metade do ano.

Tráiler da beta aberta de Tom Clancy’s The Division

PUBLICIDADE