The King of Fighters terá un xogo masivo en liña para móbiles

luns, 16 de xaneiro do 2017 Marcus Fernández

O pasado verán foi toda unha sorpresa que a franquía The King of Fighters estrease en exclusiva para PlayStation 4 unha entrega revolucionaria na que se mantiñan as mecánicas de xogo 2D con gráficos 3D e un cadro de 50 loitadores que podían enfrontarse en grupos de 3 contra 3, e non cansos de sorprender dende SNK estrearon hoxe o vídeo promocional de The King of Fighters: World.
Pouco sabemos polo momento o que será este novo xogo, agás que chegará no verán a China, con intencións de distribuírse máis adiante noutros mercados, e que sería un xogo de rol masivo en liña (o primeiro da franquía) exclusivo para iOS e Android. The King of Fighters: World está a desenvolverse cun motor gráfico 3D, tirará proveito da historia dos xogos que foron enriquecendo a saga dende 1994 e mesturará combates coa resolución de misterios. Na liña de moitos outros xogos móbiles, a súa aplicación poderá descargarse de balde, incluíndo compras dentro da aplicación.

Vídeo promocional de The King of Fighters: World

PUBLICIDADE