The Last Guardian sairá a finais de 2011

xoves, 16 de setembro do 2010 Marcus Fernández

Tras unha decepcionante ausencia do ICO Team nas últimas feiras de videoxogos, finalmente o estudo de Fumito Ueda reaparece durante o Tokyo Game Show para confirmar que o xogo The Last Guardian para PlayStation 3 chegará ás tendas xaponesas de cara ao Nadal de 2011 (a data europea non está fixada, pero debería de ser para primeiros de 2012), e para celebrar que xa ten un calendario este título estrean un novo trailer no que podemos ver imaxes reais do xogo, que parece que vai satisfacer aos seareiros dos anteriores títulos de Ueda, coma son ICO e Shadow of the Colossus, e que están considerados coma os mellores xogos para PlayStation 2, especialmente polo seu coidado deseño, de aí que, coma pasou coa franquía de God of War, retómense na PS3 a través dunha reedición en alta definición que leva por nome ICO and Shadow of the Colossus Collection e que tamén vén de estrear trailer.


Novo trailer de The Last Guardian


ICO e Shadow of the Colossus reeditaranse en alta definición

The Last Guardian aparenta ter un tratamento gráfico soberbio

PUBLICIDADE