The Legend of Zelda: Ocarina of Time 3D supera o millón de copias

venres, 29 de xullo do 2011 Marcus Fernández

Pese a que a Nintendo 3DS está a ter unhas vendas moi modestas (de aí que vaia baixar de prezo o 12 de agosto) iso non impide que cando chega un xogo moi agardado melloren as súas vendas e consiga bos resultados, o que demostra The Legend of Zelda: Ocarina of Time 3D, un remake do considerado como mellor xogo da historia que no Xapón levou a dobrar o número de consolas portátiles vendidas tras o seu lanzamento e conseguiu superar o millón de unidades vendidas.
Estímase que este grande xogo para Nintendo 3DS colocou 270.000 copias no Xapón e 810.000 unidades en EE.UU. e Europa, polo que xa sumaría 1,08 millóns de copias, seguindo os pasos de Super Street Fighter IV 3D Edition (o primeiro xogo de 3DS en superar o millón de unidades vendidas) e Nintendogs + Cats (o seguinte título en facer tal). Tampouco sorprendería que o segundo millón de unidades dos mencionados xogos conseguise colocarse a toda velocidade no mes de agosto, pois é de agardar que a rebaixa de prezo da consola dispare tamén as vendas dos seus xogos máis importantes.

PUBLICIDADE