The Order: 1886 consegue boas vendas iniciais
luns, 23 de febreiro do 2015
O
lanzamento de The Order:
1886 está a ser moi polémico, e tras as fortes crÃticas
pola súa curta duración e reducida xogabilidade, de xeito que o primeiro
grande xogo exclusivo para PlayStation 4 de 2015 está a verse moi ensombrecido,
causando un grande impacto nas súas previsións de vendas, o que non impediu que
a súa chegada ás tendas fose o suficientemente boa como para colocarse
en cabeza das listaxes de vendas, cando menos no Reino Unido.
No territorio británico The Order: 1886
conseguiu colocarse no número 1 de vendas, o que non conseguÃa ningún xogo de
PS4 dende o lanzamento de The Last of Us:
Remastered o pasado mes de agosto. Con esta chegada ao Top 10 o Call of Duty: Advanced Warfare pasou a
unha segunda posición, e o recente Evolve
caeu até o terceiro posto. O resto de posicións corresponden a tÃtulos
consolidados, coa excepción de The Legend
of Zelda: Majora’s Mask 3D, que tras iniciar o seu percorrido a semana
pasada nun segundo posto, caeu este semana até o posto 8º, mentres que o outro
grande lanzamento de 3DS, Monster Hunter
4 Ultimate caeu da 4ª á 12ª posición.
- The Order: 1886 é o principal xogo exclusivo de PS4 de comezos de 2015