Three dá detalles do Samsung Galaxy Pro

luns, 7 de marzo do 2011 Marcus Fernández

O operador británico Three confirmou o lanzamento e partes das especificacións do Samsung Galaxy Pro, un novo terminal con Android 2.2 coa interface de usuario TouchWiz, procesador a 800 MHz, pantalla táctil de 2,8 polgadas cunha resolucíon de 320 x 240 píxeles, cámara de 3 Mpíxeles, Wi-Fi N e formato de barra con teclado QWERTY, polo que poderiamos considerar que estamos ante un móbil de Samsung que quere ser BlackBerry.
O terminal incluirá o Social Hub Premium, que permite administrar a vida social do usuario nun único punto dende o que centralizar o correo electrónico, a mensaxería instantánea e as redes sociais coma podemos ver no seguinte vídeo:


O Samsung Galaxy Pro tamén será capaz de reproducir vídeo (MPEG-4, H.264, H.263, WMV, RV, DivX e Xvid) e audio (MP3, AAC, AAC+, eAAC+, WMA e RA)en múltiples formatos. Contará con compatibilidade con ActiveSync e Flash 10.1. Medirá 66,7 x 108,6 x 10,65 milímetros e pesará 103,4 gramos.

O Samsung Galaxy Pro parece un aspirante a BlackBerry

PUBLICIDADE