Thrustmaster presenta o seu volante para a PS4
luns, 26 de agosto do 2013
Ao igual que Mad Catz presentou un volante para a
futura Xbox One, Thrustmaster fixo o propio coa PlayStation 4, e presentou
que a nova consola de videoxogos de Sony contará co volante
oficial T80 - DRIVECLUB Edition, una edición limitada que chegará aos
mercado co gallo do lanzamento do xogo de condución DRIVECLUB e que incluirá botóns para acceder aos opcións presentes
no mando normal da PS4 (compartir, opcións e PS).
O novo volante está deseñado para axudar ao xogador a superar as súas marcas e
conseguir unha mellor experiencia de uso dos xogos de condución, en boa medida
polo seu tamaño (o volante ten un diámetro de 25 centÃmetros), moi superior aos
controis dos mandos tradicionais, o que permite unha maior precisión. O volante
tamén integra 11 botóns de acción, unha cruceta dixital, botóns para cambiar de
marcha e pedais de acelerador e freo. O seu prezo de venda recomendado será de
99,99 euros.