Todo o que quixemos saber sobre as posibilidades de Power Bi, en novembro da man de Vitae
xoves, 14 de outubro do 2021
Este
outono o panorama de formación tecnolóxica galega é unha fonte de
oportunidades para converternos en mellores e máis formados
profesionais do ámbito TIC. Algunhas das actividades van
directamente encamiñadas a permitirnos dar pasos firmes no camiño
da excelencia profesional. Por exemplo a sétima edición do curso
Power
BI: Visualización e Data Storytelling, de dez horas de
duración e programado para os días 2, 4, 9 e 11 de novembro.
Novamente Vitae garantirá ao máximo a seguridade sanitaria das
persoas asistentes (e tamén a súa comodidade) ofrecendo os contidos
a través da súa aula virtual.
Segundo
informa Vitae sobre a temática desta nova actividade formativa,
Power BI é unha ferramenta de análise de Microsoft que permite aos
usuarios de negocio visualizar os seus datos e compartir ideas coa
súa organización.
Neste curso os participantes poden aprender
os conceptos básicos do modelado dimensional e as principais
técnicas do deseño para crear informes que poden aplicarse en Power
BI Dekstop. Amais, o alumnado familiarizarase plenamente cos
conceptos básicos do modelo financeiro aplicado en situacións
legais.
A actividade formativa ten os seguintes obxectivos:
achegar coñecementos avanzados acerca do Power BI co fin de permitir
aos participantes crear os seus propios informes empregando boas
prácticas, revisar os conceptos principais do modelado e do deseño,
mostrar diferentes metodoloxías para construír informes e modelos
optimizados e aproximar aos profesionais á variedade de problemas
que son o día o día dos laboratorios e que proporcionan, en
palabras de Vitae, “unha ampla experiencia”.
O curso está
dirixido a usuarios comerciais e analistas de datos que teñan (ou
non) experiencia previa no uso doutras ferramentas de informes, como
Microsoft Excel, e que estean a buscar un coñecemento máis fondo
sobre os partes de Power BI.
A persoa encargada de impartir
estes contidos será Antonio Soto Rodríguez, enxeñeiro en
Informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e profesional
con máis de dúas décadas de experiencia como consultor técnico
experto e certificado, achegando formación na Universidade Microsoft
e a empresas e organismos como a NASA, NASDAQ, PEMEX, SERGAS,
Citroen, CEAGA, Inditex, Ferroplast, Banco Popular, ABANCA, Xunta de
Galicia ou Abertis.