Tomb Raider II estrea versión para iOS
xoves, 4 de decembro do 2014
Square Enix está a facilitar que poidamos
gozar dos vellos xogos da franquÃa protagonizada por Lara Croft en dispositivos
móbiles, e asà como hai meses estreou o primeiro Tomb Raider na súa versión para iOS (á venda
por 0,99 euros) agora pon á venda Tomb Raider II na App Store a un prezo
de 1,79 euros.
Nesta
aventura acompañaremos a Lara Croft na súa busca da Daga de Xian, tendo que
enfrontarse n ocamiño con monxes guerreiros e membros transformados do culto
que conspiran contra a arqueóloga máis ousada do mundo do pÃxel durante a súa
viaxe que vai dende os cumios máis remotos do Tibet ás canles de Venecia,
pasando polo fondo do mar.
O xogo tamén inclúe a expansión La
Máscara de Oro, conta con numerosas armas (pistolas, lanza-granadas,
rifles...) e vehÃculos (motos de auga ou de neve), polo que moitos gustarán de
recuperar este tÃtulo que como principal eiva ten o seu sistema de controis
virtuais na pantalla táctil, que en moitas ocasións poden non resultar moi
axitados para un tÃtulo deste tipo que esixe certa precisión nos movementos.
- O xogo manéxase a través de controis virtuais en pantalla