Tomb Raider: Underworld estrea demo exclusiva para Xbox 360

martes, 28 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Os usuarios da consola Xbox 360 que gocen dunha conta Xbox LIVE Gold poden descargar dende hoxe unha demo xogable de Tomb Raider: Underworld, polo que serán dos primeiros en poder controlar a nova recreación de Lara Croft, que presenta un acabado gráfico espectacularmente superior ao de entregas anteriores da saga da versión feminina de Indiana Jones.
Tomb Raider: Underworld ten como obxectivo a localización de Mjölnir, o martelo do deus nórdico do trono Thor, para o que hai que percorrer distintas localizacións de todo o mundo, situándonos a demo do xogo en Tailandia, onde poderemos explorar unhas ruínas accedendo ás mesmas dende a auga, de xeito que no camiño teremos que enfrontarnos a quenllas, tigres, morcegos e outras animalias. Tamén haberá que resolver puzzles, realizar peripecias acrobáticas para chegar a recunchos difíciles á vez que nos facemos cos controis do xogo de cara á súa versión final que chegará ás tendas o 21 de novembro.

PUBLICIDADE