Toshiba Folio 100, novo tablet con Android 2.2
luns, 30 de agosto do 2010
- Unha das imaxes do novo tablet de Toshiba filtrada a través da web
Que Toshiba
estaba a preparar un tablet non era ningún segredo, pero agora
as filtracións sobre tal dispositivo son moi concretas, coñecéndose que
terá coma nome Toshiba Folio 10 e que será un trebello con pantalla de 10,1
polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 pÃxeles, 16 Gb de almacenamento SSD
ampliable mediante tarxetas SDHC e MMC, Wi-Fi N, Bluetooth, 3G, saÃda HDMI, USB
2.0, mini USB, conector para auriculares, cámara de 1,3 MpÃxeles, baterÃa de
1.020 mAh (que promete ata 7 horas de autonomÃa) e o sistema operativo Android
2.2.
Destaca o feito de estar baseado en tecnoloxÃa nVIDIA Tegra 2 (xunto cun
procesador ARM Cortex A9 de dobre núcleo) e por permitir o acceso a aplicacións
do seu fabricante a través do Toshiba Marketplace, asà coma o feito de integrar
unha versión do navegador web Opera Mobile e unha aplicación de lectura de
e-books. As súas dimensións serán de 281 x 181 x 14 milÃmetros, pesará 760
gramos e poderá verse durante a feira IFA que terá lugar os vindeiros dÃas.