Toshiba amosa un prototipo de tablet que comezará a venderse en outubro
martes, 20 de xullo do 2010
O fabricante Toshiba está a celebrar
o seu 25 aniversario no mercado dos ordenadores portátiles, polo que
presentou 3 novos produtos: o Portege R700 (portátil lixeiro cunha pantalla de
13 polgadas), o Libretto W100 (ordenador portátil con 2 pantallas táctiles de 7
polgadas que funciona con Windows 7) e o AC100 Cloud Companion (un
ultraportátil con procesador nVIDIA Tegra e sistema operativo Android). O máis
rechamante da presentación de Toshiba foi sen dúbida cando Mark Whittard,
director de administración de Toshiba Australia, amosou
un prototipo de tablet chamado Toshiba SmartPad, que deberÃa chegar
ao mercado durante o vindeiro mes de outubro, aÃnda que sen concretar o sistema
operativo co que funcionará. No tocante ás súas prestacións, polo momento só
sabemos que conta con portos HDMI e USB.
- O ultraportátil AC100 Cloud Companion funcionará co sistema operativo Android