Toshiba presenta un tablet con pantalla Full HD e lapis dixitalizador

xoves, 2 de maio do 2013 Marcus Fernández

Toshiba parece querer recuperar algunhas das funcións que eran básicas nalgúns dos primeiros Tablet PC, e no seu novo tablet WT310 con Windows 8 Pro incorporarán a posibilidade de utilizar un lapis dixitalizador, o que, xunto coa súa pantalla Full HD de 11,6 polgadas convérteno nun dispositivo a ter moi en conta durante este trimestre, que será cando o poñan á venda en Europa.
Este novo equipo funciona cun procesador Intel Core, polo que poderá operar como un ordenador completo con Windows 8, utiliza unha unidade SSD como medio de almacenamento (o que, aparte de velocidade, tamén dálle máis seguridade de cara ao seu uso en mobilidade), ten Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, USB 3.0, opción de banda larga móbil (HSPA+/LTE), lector de tarxetas SD, saída HDMI (sendo tamén compatible coa tecnoloxía de streaming de vídeo sen fíos de Intel), o seu grosor é de 12,4 milímetros e o seu peso de 825 gramos. E para o seu uso corporativo inclúe preinstaladas aplicacións de seguridade e xestión de datos que permite a súa xestión remota segura.

PUBLICIDADE