Toshiba quere recuperar o concepto do Microsoft Courier

mércores, 23 de xuño do 2010 Marcus Fernández

Toshiba está a preparar o que consideran que é o primeiro dispositivo con dobre pantalla táctil que correo Windows 7, o Toshiba Libretto W100, que ten dúas pantallas de 7 polgadas (cunha resolución de 1024 x 600 píxeles cada cunha) que poden colocarse coma se fose un portátil estándar (utilizando unha das súas pantallas coma teclado virtual) e que tamén podería xirarse 90 graos para utilizarse a xeito de libro, o que supón a recuperación do concepto do Microsoft Courier.
Este ordenador ultraportátil funcionaría cun procesador Intel Pentium U5400 a 1,2 GHz, 2 Gb de RAM, 62 Gb de almacenamento na súa unidade SSD ampliable mediante tarxetas microSD, cámara web de 1 Mpíxel, Wi-Fi N, Bluetooth 2.1, USB 2.0, batería de 8 celas (para unha autonomía de 3,5 horas), unhas dimensións de 202 x 123 x 30,7 milímetros e un peso de 819 gramos, que polo momento só é un proxecto, do que están a estudar a súa viabilidade económica, posto que outros prototipos semellantes situaban o seu prezo no milleiro de euros, o que resulta claramente excesivo para un ultraportátil, e teríao moi difícil para competir con dispositivos semellantes coma os tablets.


Vídeo no que amosan as características do Toshiba Libretto W100

PUBLICIDADE