Touriño estrea un blog para facilitar o seguimento da súa campaña electoral

xoves, 19 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Para mellorar a distribución do Diario de Campaña iniciado por Emilio Pérez Touriño na súa televisión en liña e en YouTube, dende o Partido Socialista de Galicia decidiron abrir tamén un blog no que se van pendurando os vídeos de YouTube xunto coas transcricións do que se conta nos mesmos, o que sen dúbida contribúe a mellorar a difusión destes contidos.
O novo espazo virtual fai así unha labor de difusión diaria que permite aos cidadáns facer un seguimento do que fai o candidato socialista á presidencia da Xunta de Galicia, aínda que se descoñece se a vida desta ferramenta chegará máis aló da campaña electoral.

PUBLICIDADE