Transformers: La Caída de Cybertron estrea versións para Xbox One e PS4

martes, 9 de agosto do 2016 Marcus Fernández

Tras moito tempo sen xogos de certo nivel baseados na franquía dos Transformers, o estudio High Moon conseguiu librarse do sambenito e en 2010 deixou o listón alto con Transformers: La Guerra por Cybertron, chegando a facer tamén unha secuela dous anos despois, Transformers: La Caída de Cybertron, título que conseguiu deixar moi bo sabor de boca pero que en consolas quedara na anterior xeración (sen contar con retrocompatiblidade con Xbox One) de xeito que a súa editora quixo que os xogadores actuais puidesen recuperalo e pon hoxe á venda as súas versións para Xbox One e PlayStation 4 que inclúen os tres paquetes con contido descargable que saíron tras o lanzamento orixinal do xogo.
Un detalle que sorprende bastante neste relanzamento é que a versión de PlayStation 4 ten un prezo de 39,99 euros, mentres que para Xbox One véndese a 49,99 euros (aínda que non sería de sorprender que gozase de ofertas en poucas semanas para equilibrar a situación).
O xogo sitúanos nos últimos días do planeta de orixe dos Transformers, Cybertron, onde vívense as máis escuras horas da apocalíptica guerra entre os Autobots e os Decepticons, tendo que participar nunha grande variedade de misións en contornos inmensos que facilitarán poder tirar proveito das habilidades únicas de cada personaxe.

PUBLICIDADE