Trap Ball, un novo xogo galego para dispositivos con Android
xoves, 19 de abril do 2012
O novo estudo galego de videoxogos e aplicacións independentes,
Axouxere Games, formado polo creativo Adrián RodrÃguez e o
desenvolvedor Antonio
GundÃn, conta xa co seu primeiro xogo distribuÃdo a través de Google Play, Trap
Ball, que está á venda por 0,74 euros (contando tamén cunha versión de
demostración de balde).
Trátase dun xogo de habilidade no que debemos desprazar unha bola de billar a
través de distintos escenarios cheos de trampas de distinto tipo para chegar a
unha meta empregando o acelerómetro do noso dispositivo con Android. Trap Ball inclúe un total de 20 fases ás
que se irán engadindo máis en futuras actualizacións de balde e está dispoñible
en galego, español e inglés.
Dende Axouxere Games aseguran que o xogo estará tamén dispoñible a través da
canle de xogos indie para a Xbox 360,
sendo un dos seus obxectivos editar xogos para Android, Xbox 360 e PC,
agardando chegar no futuro tamén a iOS e consolas como PS Vita.
- En Trap Ball debemos inclinar o noso dispositivo móbil con Android para controlar unha bola de billar a través de distintos escenarios cheos de trampas
O primeiro xogo para Android de Axouxere Games visto en vÃdeo