Trials HD leva as peripecias sobre dúas rodas á Xbox 360

mércores, 12 de agosto do 2009 Marcus Fernández

A partir de hoxe pode adquirirse a través do Bazar de Xbox LIVE por 1.200 puntos (14,4 euros) o xogo Trials HD, que tamén conta cunha versión de demostración de balde. Este título é un xogo de motos con efectos físicos impresionantes, gráficos en alta definición, máis de 50 pistas, dous modos de xogo (carreira e habilidade), opcións de personalización dos condutores, motos desbloqueables, marcadores de puntuacións globais (coa posibilidade de competir cos amigos) e mesmo conta cun editor de niveis que permite tanto crear coma compartir pistas ilimitadas.
Trials HD é así toda unha revelación para a Xbox 360, que goza dunha implementación da física realmente boa, que achega realismo e espectacularidade.

PUBLICIDADE