Trump admite que poderían incluír a Huawei dentro do acordo comercial que negocian con China

venres, 24 de maio do 2019 Marcus Fernández

Tras a enorme sucesión de novas que apuntan a un estrangulamento total das actividades de Huawei a través do bloqueo dos seus subministros por mor dun veto dos EE.UU., como era de esperar chegan agora declaracións do presidente Donald J. Trump, quen asegurou onte que que había grandes posibilidades de que Huawei puidese incorporarse ao acordo comercial que están a negociar entre EE.UU. e China, e que probablemente materializaríase no G20, encontro no que veranse as caras os presidente de China e EE.UU.
Trump insiste en que Huawei é unha compañía moi perigosa para os EE.UU., insinuando que de pechar un acordo comercial entre ambas partes sería moi beneficioso para os EE.UU., ao que dende China retrucan asegurando que as accións contra Huawei teñen motivacións meramente políticas, e a belixerancia dos EE.UU. non están a crear un escenario propicio para negociar.

PUBLICIDADE