Trunfa en Kickstarter un adaptador para controlar lámpadas coa voz

martes, 5 de agosto do 2014 Marcus Fernández

Chega a Kickstarter VOCCA, unha lámpada que presume de ser realmente intelixente, por poder activarse mediante voz den precisar de Wi-Fi, configuración nin instalación especial, o que valeulle que a pouco do lanzamento da súa campaña de micromecenado xa superasen os 40.000 dólares que pretendían para que este proxecto poida ver a luz.
VOCCA é un adaptador que colócase entre unha lámpada ordinaria e o seu respectivo portalámpadas, dotando á nosa iluminación da curiosa funcionalidade avanzada de poder acenderse/apagarse con dicir en voz alta “VOCCA switch light”.
Adicionalmente esta solución tamén conta cunha versión Pro, que funciona en combinación cunha aplicación móbil que permite crear disparadores personalizados, ou programar a lámpada para que acenda ou apague a unha hora determinada (podendo así servir como espertador). O teléfono tamén pode empregarse para manexar a lámpada.
Neste momento podemos facernos un VOCCA por 39 dólares (38 euros con portes incluídos) ou un VOCCA Pro por 49 dólares (45,55 euros), agardándose que o produto poida chegar aos seus mecenas no mes de decembro.

PUBLICIDADE