Tuenti comercializa o móbil con Android máis económico do mercado
martes, 20 de decembro do 2011
O operador móbil virtual Tu, pertencente á plataforma social
Tuenti, comezou
a comercializar en España o terminal ZTE Racer II a un prezo de 59 euros para
usuarios de prepagamento (precisando dun saldo inicial mÃnimo de 10 euros), o
que fai que esteamos ante o móbil con Android máis económico do mercado, o que
pode resultar atractivo para os usuarios que queren iniciarse nos smartphones.
O ZTE
Racer II é un terminal cunha pantalla táctil de 2,8 polgadas cunha
resolución de 240 x 320 pÃxeles (moi inferior que a dos móbiles con Android de
gama media), procesador Broadcom BCM2157 a 500 MHz, 256 Mb de RAM, 512 Mb de
ROM, almacenamento baseado en tarxetas microSD de ata 32 Gb (inclúe unha de 2
Gb), conectividade 3G, USB, GPS, Bluetooth e Wi-Fi, cámara de 3,2 MpÃxeles,
radio FM, toma para auriculares estándar, baterÃa de 1.100 mAh, unhas medidas
de 104 x 55,4 x 13,5 milÃmetros e un peso duns 100 gramos. Funciona co sistema
operativo Android 2.2.2 e, evidentemente, inclúe a aplicación de Tuenti
instalada e está bloqueado para funcionar só coas tarxetas SIM de Tu.