Turtle Beach comercializa mandos para gozar do Flight Simulator en PC e Xbox

martes, 15 de xuño do 2021 Marcus Fernández

O retorno do Microsoft Flight Simulator foi moi ben recibido por moitos afeccionados e curiosos, e agora que o título vai chegar tamén a Xbox temos que está máis de actualidade que nunca, de aí que se entenda perfectamente que Turtle Beach quixese aproveitar a oportunidade para lanzar o VelocityOne Flight, un sistema de control universal para Xbox One, Xbox Series X|S e Windows 10 a un prezo de 349,99 euros, de xeito que os xogadores máis esixentes poderán replicar a súa experiencia de voo tanto no PC como na consola.
Este impresionante accesorio inclúe o cadrante de aceleración con compensador de inclinación e a panca de mando con temón integrado que fai que poidamos experimentar a experiencia de voar de xeito realista dende a comodidade do fogar. O sistema incluso conta cun panel indicador de estado no que se reciben alertas en tempo real e monitoriza as advertencias da cabina, o sistema de navegación e o motor.

Vídeo promocional dos mandos de Flight Simulator de Turtle Beach

PUBLICIDADE