Ultimate Marvel vs Capcom 3 chegará en novembro con 12 novos loitadores
xoves, 21 de xullo do 2011
Capcom
e Marvel Entertainment veñen
de anunciar o desenvolvemento do xogo Ultimate
Marvel vs Capcom 3 para PlayStation 3 e Xbox 360 de xeito que en novembro
teremos (a un prezo reducido) unha actualización do xogo de loita Marvel vs Capcom 3, incorporando 12 novos
loitadores para sumar un total de 50 personaxes que agradecerán os seareiros de
ambos selos.
Entre os novos personaxes do xogo Capcom achegará a Strider e a Firebrand (o
malvado de Ghost’n Goblins), e Marvel
confirmou que engadirá ao Ghost Rider (o Motorista Pantasma) e a Hawkeye (o
vingador Ollo de Falcón), desvelándose o
resto de loitadores nos vindeiros meses, aÃnda que algúns medios xa apuntan
que serán, pola banda de Capcom, Vergil, Frank West, Phoenix Wright e Nemesis,
mentres que Marvel incluirá a Nova, Rocket Racoon, Iron Fist e Dr. Strange.
O xogo tamén incorporará novidades como un maior equilibrio dos personaxes e
novas capacidades en liña. Entre os engadidos destaca o Modo Espectador, que
permite visualizar partidas en liña en directo.
Trailer de presentación de Ultimate Marvel vs Capcom 3
- Xa se coñece a carátula que terá o xogo