Ultraportátiles do Real Madrid e do Barça

luns, 14 de decembro do 2009 Marcus Fernández

O fútbol move grandes masas de afeccionados todas as semanas, xerando millóns de euros en mercadotecnia, que tamén chega ao sector informático en forma dun par de ultraportátiles decorados cos emblemas do Real Madrid e o Fútbol Club Barcelona.
O ordenador do Real Madrid sería unha versión do Toshiba NB200-12R que funciona cun procesador Intel Atom 280 a 1,66 GHz, con 250 Gb de disco duro e un prezo de venda ao público de 499 euros, mentres que o F. C. Barcelona conta cun equipo que só custa 349 euros, e que e goza dunhas características moi semellantes (procesador Intel Atom N270, 1 Gb de RAM, 250 Gb de disco duro e Windows 7 Starter preinstalado en español e catalán).

O ultraportátil do F. C. Barcelona é bastante máis económico que o do Real Madrid

PUBLICIDADE