O Museo Gaiás Virtual acollerá a presentación proxectos tecnolóxicos e educativos na Maker Faire Galicia
xoves, 13 de maio do 2021
A Cidade da Cultura, transformada nun entorno virtual en 360
graos, acolle un ano máis a Maker
Faire Galicia, que chega á súa sétima edición repetindo co formato
totalmente en liña estreado en 2020, que a converteu nunha das primeiras feiras
maker do mundo realizada integramente a través da rede. No encontro, que terá
lugar do 2 ao 6 de xuño, argalleiros e argalleiras de seis paÃses diferentes (España,
Arxentina, Xapón, México, EE.UU., Portugal e Brasil) presentarán
os seus proxectos a través dunha plataforma dixital que recrea o Museo Gaiás
e na que as persoas asistentes poderán interactuar cos makers, participar en
obradoiros e asistir a charlas e mesas redondas con referentes nacionais e
internacionais.
Na que promete ser a edición máis internacional deste
escaparate para a creatividade e o enxeño, poderán coñecerse medio cento de
proxectos (34 deles galegos) presentados por makers, asociacións, empresas e
centros de ensino. O encontro volve dedicar unha xornada exclusivamente ao
ámbito da innovación educativa, na que ademais de tratar temas como o ensino do
futuro, a gamificación, os espazos maker ou as comunidades de aprendizaxe, terá
lugar un concurso de proxectos coa participación de 13 centros de primaria,
secundaria e FP de toda Galicia, que optarán a diferentes galardóns.
O que xa é o evento maker máis importante da PenÃnsula
contará nesta edición con relatores da relevancia de César de la Fuente,
biotecnólogo galego e profesor na Universidade de Pensilvania, onde lidera un
laboratorio de investigación especializado en crear antibióticos con
ordenadores a partir de moléculas naturais. Coñecido polo público xeral por
desenvolver un test de baixo custo para detectar a covid-19, foi nomeado polo
MIT (Instituto de TecnoloxÃa de Massachusetts) como un dos 35 mozos máis
innovadores do mundo con menos de 35 anos, e galardoado co Premio Fundación
Princesa de Girona Investigación CientÃfica 2021.
Inclusión e diversidade no eido da tecnoloxÃa
A conferencia de César de la Fuente enmarcarase nas dúas
xornadas da Maker Faire dirixidas a profesionais e empresas de sectores como
biotecnoloxÃa, robótica, intelixencia artificial, ciberseguridade ou
blockchain, nas que tamén se contará con relatores como Jon Hare, un dos game
makers máis coñecidos de Europa, creador de xogos mÃticos como Parallax ou
Sensible Soccer, e Keisha Howard, recoñecida activista en favor da inclusión e
a diversidade no mundo dos videoxogos, e fundadora da comunidade Sugar Gamers.
Con dúas charlas TED (TecnoloxÃa, Entretemento e Deseño) no seu curriculum, ten
traballado con compañÃas como como SYFY, Watchmojo, AT&T, HBO, Nintendo,
HTC, Microsoft o Google, entre outras.
Outro dos nomes destacados do encontro é o de Valeria
Corrales, unha minimaker de Huesca que con só 12 anos triunfou na última
edición do programa de televisión Got Talent España, abraiando ao xurado cun
robot que ela mesma construÃu e que resolveu en directo o cubo de rubik en 29
movementos. A través dunha canle de YouTube creada xunto á súa profesora
Patricia Heredia, comparte coñecemento en aberto e proponse inspirar a outras
nenas que queiran dedicarse á enxeñerÃa ou a robótica. Foi nomeada Inspiring
Girl of the Year pola Fundación Inspiring Girls e elixida mellor alumna de secundaria
de STEM de España nos STEM Talent Awards.
Contidos para profesionais, docentes e público xeral
O programa da sétima Maker Faire Galicia incluirá como
novidade o primeiro EDU Open Space, un espazo para a reflexión ao redor da
educación, onde os propios asistentes proporán as temáticas para debater en
diferentes mesas redondas en simultáneo. Tamén se celebrará novamente a Game
Maker Jam, unha competición para crear videoxogos en 48 horas da que o xoves se
coñecerá a temática e o domingo, na xornada de clausura, o gañador ou gañadora
do concurso.
Do mesmo xeito que en anos anteriores, as dúas primeiras
xornadas desta feira de innovación estarán máis enfocadas ao ámbito
profesional, mentres que o venres 4 de xuño a protagonista será a innovación
educativa, con contidos dirixidos ao sector do ensino, e xa os dÃas da fin de
semana emitiranse contidos destinados a público xeral e centrados en temáticas
moi diversas e relacionadas coa robótica, a ciencia, a innovación social, a
arte, a economÃa circular ou o gaming, sempre baixo a filosofÃa do faino ti
mesmo que caracteriza este encontro.
Aberto de balde o rexistro de asistentes
O encontro celébrase nun Museo Gaiás virtual e conta co
apoio da Xunta de Galicia, o Concello de Santiago, a Fundación Cidade da Cultura
e a Asociación para o Progreso da Dirección (APD). RealÃzase coa colaboración
da Fundación Española para a Ciencia e a TecnoloxÃa - Ministerio de Ciencia e
Innovación.
Para ter máis información sobre a Maker Faire Galicia e como
seguir os diferentes contidos, pode visitarse a súa plataforma en liña, onde xa
está aberto o rexistro de asistentes, que é totalmente gratuÃto.