Un R2-D2 controlado por voz

luns, 9 de outubro do 2006 Marcus Fernández

As películas inspiran dende móbiles ata ordenadores persoais, pero algunhas das creacións que se venden na Internet resultan abraiantes, como o caso dunha réplica do robot R2-D2 que aparecía nas películas de Star Wars, pois non só se move, senón que responde ata a 40 ordes orais.
O R2-D2 activado por voz está dotado de sensores de infravermellos que lle permiten detectar movementos (polo que pode funcionar como unha alarma anti-intrusos) e incluso evitar obstáculos, e coas súas luces e sons pode amosar estados de ánimo como facía o propio robot cinematográfico, que tamén inclúe sons e frases pregravadas das películas de George Lucas. Incluso pode bailar ó ritmo da canción que se podía escoitar na cantina durante a primeira película da saga galáctica.
O robot funciona con 4 pilas AA e 4 pilas D, vendéndose a 119,95 dólares.

PUBLICIDADE