Un Wiimando para non perder as chaves da casa

mércores, 13 de decembro do 2006 Marcus Fernández

Imaxe comparativa do Nitendo W11 co Wiimando de Nintendo

A finais da década dos 80 en España puxéranse de moda chaveiros que axudaban ós seus donos a atopalas chaves ante un despiste, xa que reaccionaban cun chiido ante os asubíos, e agora, aproveitando o lanzamento da Nintendo Wii, un fabricante xaponés quere revitalizar o invento dándolle unha aparencia moderna e atractiva: a do Wiimando.
Así, en só 6 centímetros complétase unha versión reducida do mando sensible ó movemento da Nintendo Wii, que se pode empregar como chaveiro, e que por 570 iens (uns 3,67 euros) fai doado atopar as chaves nun momento de despiste.
O curioso chaveiro chámase Nitendo W11, aínda que é de agardar que os avogados da empresa nipona que deu vida a Super Mario Bros eviten a súa comercialización por motivos evidentes.

PUBLICIDADE