Un accesorio converterá o iPhone nun mando a distancia universal
xoves, 4 de marzo do 2010
Coa vista posta
na futura versión do firmware do iPhone que habilitará o uso de periféricos
externos de xeito oficial, ThinkFlood presenta RedEye Mini, un accesorio que permite
converter os iPhone e iPod Touch nun mando a distancia universal para controlar
os dispositivos do noso fogar que manexables a través de infravermellos.
Dado que o iPhone non conta con emisor de infravermellos, o RedEye Mini serÃa
unha especie de antena conectable no porto de auriculares dos terminais de
Apple, e farÃase uso deste accesorio a través dunha aplicación que facilita o
control de televisores, reprodutores de DVD, receptores de TDT e toda clase de
dispositivo con mando a distancia.
O seu fabricante asegura que chegará
ao mercado na primavera a un prezo de 49 dólares, acadando
presenza en 47 paÃses entre os que está España (aÃnda que o prezo
europeo do trebello aÃnda non foi anunciado).