Un accesorio facilita medir a corrente que achegan conectores USB-C

luns, 30 de xaneiro do 2017 Marcus Fernández

Aínda que a aparición dos conectores USB-C supuxo a fin dun importante problema á hora de conectar dispositivos (por ser un conector reversible) tamén supuxo un serio problema de seguridade e calidade, xa que en certos equipos pode aproveitarse a conexión incluso para alimentar un ordenador portátil ou un monitor, de xeito que a intensidade da corrente que circula polo cable pode ser moi elevada, e unha incorrecta fabricación do terminador ou un cable de reducida calidade pode ter consecuencias que van dende un rendemento peor do esperado até o a inutilización dun equipo, de aí que resulta interesante o Satechi Type-C Power Meter, un medidor do fluxo eléctrico a través de conexións USB-C.
Aínda que non estamos ante un accesorio que supoña unha protección real contra sobrecargas, moitos usuarios considerarán interesante o uso deste trebello para medir se o seu portátil ou smartphone cun conector USB-C recibe a corrente axeitada cun cable determinado, podendo así medir os distintos cables dispoñibles e así empregar o máis óptico. Temos así un dispositivo que axuda a desbotar as marcas pouco fiables, conseguindo información do estado de carga en tempo real, soportando voltaxes de entre 4 e 20 voltios e podendo ler até 65 watts.

PUBLICIDADE