Un accesorio permitirá medira a radiación dende o móbil
luns, 19 de agosto do 2013
Moitos son os accesorios que permite engadir prestacións aos
smartphones actuais, pero un que pode resultarnos realmente sorprendente no
noso territorio é o novo
DO-RA.uni, un medidor de radiación que pode conectarse á toma de auriculares do
noso móbil e que funciona en conxunción con aplicacións para practicamente
todos os sistemas operativos móbiles, permitindo o rexistro da exposición á
radiación que se acumula durante o dÃa a dÃa, o que pode resultar de especial
interese en zonas como Chernobyl ou Fukushima, como demostra o feito de que este trebello ruso teña xa 1.300
unidades encargadas antes do seu lanzamento, principalmente por parte de
usuarios de iPhone, que están dispostos a pagar uns 150 dólares por el (prezo que
aseguran que é moi competitivo, pois dosÃmetros doutros fabricantes custarÃan
entre 250 e 400 dólares).
O dispositivo poderÃa funcionar como un dosÃmetro básico, permitindo coñecer a
exposición a longo prazo, ou tamén como un radiómetro (medindo a radiación cada
4 segundos), o que facilita a súa adecuación a distintos escenarios. A compañÃa
detrás deste invento está a buscar reducir o seu tamaño, de xeito que poderÃa
chegar a integrarse dentro de móbiles (ou incluso na súa baterÃa), no que
parece unha prestación moi atractiva para quen se mova en certos contornos.
- A versión para iPhone do DO-RA.uni parece ser a de maior demanda