Un accesorio podería facilitar o control dos xogos no Samsung GALAXY S 4

venres, 15 de marzo do 2013 Marcus Fernández

Tras a presentación do Samsung GALAXY S 4, os asistentes ao evento en New York puideron comprobar algúns detalles do novo smartphone surcoreano, como sistemas de carga de batería sen fíos e incluso un produto ao que Samsung aínda non puxo nome, e que sería un accesorio que facilitaría o uso dos grandes móbiles como se fosen unha consola de videoxogos portátil.
O accesorio en cuestión comunícase co smartphone por Bluetooth e presenta unha que pode lembrarnos ao mando dunha Xbox 360, cunha cruceta dixital, 2 sticks analóxicos e catro botóns de disparo, que funciona con 2 pilas AAA e permite colocar o GALAXY S 4 enganchado na súa parte superior (dando a impresión de que será compatible con outros smartphones da compañía surcoreana.
Non é a primeira vez que unha compañía quere axudar a controlar os videoxogos Android dun xeito máis tradicional que a pantalla táctil, pero o feito de que a propia Samsung poida lanzar un accesorio oficial a tal efecto podería supor unha auténtica revolución (dada a penetración comercial que ten a compañía a nivel mundial).

PUBLICIDADE