Un anel NFC será realidade grazas ao micromecenado
luns, 29 de xullo do 2013
A tecnoloxÃa NFC está presente cada vez en máis smartphones,
pero continúan a ser poucos os seus usos habituais, o que vai mudando pouco a
pouco a través de novas solucións que aproveitan o potencial deste tecnoloxÃa
de comunicación sen fÃos, como un novo proxecto de
micromecenado que ao pouco de arrincar xa acadou o éxito e que pretende
converterse en realidade tan pronto como no mes de setembro: o NFC Ring.
Esta proposta consiste nun anel con tecnoloxÃa NFC que poderÃa empregarse para
abrir portas (existen pechos especÃficos para funcionar con NFC), desbloquear o
teléfono móbil (pasando o dedo pola súa parte traseira cando o saquemos do peto),
transmitir información (como datos de Wi-Fi, ligazóns a páxinas web e
fotografÃas...) e enlazar a persoas sen necesidade de carga de ningún tipo.
O anel integrará un chip NTAG203 e poderá utilizarse tamén en conxunción cunha
aplicación móbil de código aberto que chegará a múltiples plataformas (iOS,
Android, Windows Phone...), aÃnda que cómpre destacar que o anel só funcionará
en smartphones como o Samsung GALAXY S4 e o BlackBerry Z10 nos seus modelos de
maior tamaño (pois a situación do sensor NFC deses terminais fai imposible que
poidan ler de xeito fiable etiquetas NFC de pequeno tamaño).
Este proxecto chegou a Kickstarter simplemente para poder financiar unha
fabricación industrial do anel, que pode mercarse actualmente por unhas 22-25
libras esterlinas ás que haberÃa que engadir 3-4 libras en concepto de gastos
de envÃo. Tamén é posible colaborar co proxecto con só 8 libras esterlinas para
poder conseguir o modelo tridimensional (e a etiqueta NFC) que faciliten a
creación do anel nunha impresora 3D.
VÃdeo de presentación do NFC Ring