Un hamster por USB

martes, 3 de outubro do 2006 Marcus Fernández

As gaiolas para hamsters son un sistema para ter unha mascota confinada nun lugar pechado coma acontece coa peixeiras e acuarios, e normalmente contan cunha noria para que os roedores se exerciten, xa que precisan dunha certa actividade no seu cativerio, pero os que non desexen torturar deste xeito a un animal teñen unha alternativa informática, que consiste nunha noria para hamsters virtual, que consiste nin dispositivo alimentado por USB no que se simula á mascota correndo.
O curioso aparato compleméntase cun software que instalado no noso ordenador detecta cando tecleamos, de xeito que a velocidade coa que premamos as teclas será proporcional á velocidade coa que xirará a noria, o que non parece resultar de moita utilidade (como outros xoguetes alimentados por USB).
Pódese mercar a través da Internet por 36,99 euros.

PUBLICIDADE