Un informe australiano conclúe que non hai relación entre o cancro cerebral e a telefonía móbil

venres, 6 de maio do 2016 Marcus Fernández

Imaxe promocional do primeiro teléfono móbil comercializado en Australia por Telstra

Durante as últimas décadas non son poucas as persoas que desconfían dos efectos da telefonía móbil na saúde e, especialmente, no desenvolvemento de tumores cerebrais, pero a experiencia dinos que non temos que preocuparnos e agora chega tamén un completo estudio epidemiolóxico australiano que confirma a nosa intuición, tras analizar datos de 29 anos.
O uso de teléfonos móbiles en Australia iniciouse en 1987 e chegou até o 94% en 2014, polo que de ter algunha incidencia no cancro cerebral debería terse reflectido dalgún xeito nos datos recollidos entre 1982 e 2013, pero resulta que no único grupo de ideade no que se incrementaron os tumores e o de persoas de entre 70 e 84 anos, nos que o incremento de casos comezou en 1982, antes da introdución dos móbiles no mercado (polo que consideran que se trata simplemente dunha mellora na detección da enfermidade nos anos 80 a que incrementou os casos rexistrados).
O informe é especialmente rigoroso dado que en Australia existen un rexistro estatal de cancro, que recolleu datos de 19.858 homes e 14.222 mulleres con tumores cerebrais entre 1982 e 2012, e ao contrastar esta información cos datos de uso de móbiles de 1987 en franxas de idade non puido atoparse ningún tipo de relación entre ambos parámetros. De feito, incluso chegan a concluír que entre os menores de 70 anos a incidencia do cancro cerebral está estabilizado.

PUBLICIDADE