Un lector de tarxetas incorpora Bluetooth e un hub USB
venres, 11 de maio do 2007
A diversidade de tarxetas de memoria que nun
principio se cinguÃan a cámaras dixitais, e agora se empregan tamén en teléfonos
móbiles, reprodutores multimedia e outros dispositivos, continúa a medrar de
xeito que non sorprende a ninguén que comercialicen un lector de tarxetas de
memoria 55-en-1, pero o modelo que veñen de
incorporar ó catálogo de Brando aproveita que se ocupa un porto USB do
ordenador para integrar un concentrador USB 2.0 (ou sexa, que serve para
conectar 2 dispositivos USB de alta velocidade) asà como tamén fai de interface
Bluetooth (o que servirÃa para conectar dispositivos sen fÃos con tal tecnoloxÃa
ó PC).
Temos asà un dispositivo que, aparte de ler e escribir en 55 tipos distintos de
tarxetas de memoria, incrementa as posibilidade de conexión doutros periféricos
ó PC.