Un mesturador de vÃdeo compacto pode retransmitir directos a través da Rede
venres, 3 de abril do 2020
Blackmagic
Design presentou
un mesturador de vÃdeo económico, o ATEM Mini Pro, que destaca por permitir
a transmisión en directo por plataformas como YouTube Live, Facebook e Twitch
directamente a través de Ethernet, ou sexa, sen precisar dunha aplicación
especÃfica correndo nun ordenador persoal. Este mesturador de vÃdeo conta con 4
entradas HDMI e unha saÃda HDMI (para poder ver varias fontes de vÃdeo nun único
monitor, asà como o estado da gravación, a transmisión e a mestura de son),
podendo tamén gravar arquivos de vÃdeo H.264 en unidades USB.
Este novo produto está a iniciar a súa distribución a través dos distribuidores
dos produtos Blackmagic a un prezo de 595 dólares, e pode resultar moi
atractivo para producións profesionais con varias cámaras para transmitilas en
directo a través da Internet ou para a realización de presentacións
empresariais a través de plataformas como Skype. O mesturador permite alternar
entre 4 cámaras cunha calidade de imaxe excepcional, e incluso conectar un PC
para amosar presentacións de PowerPoint ou unha consola de videoxogos, permitindo
unhas retransmisións en directo nas que incluso é posible aplicar efectos
visuais como empregar imaxes simultáneas (solución ideal para integrar
comentarios en directo).
Os mesturadores ATEM Mini contan cun porto USB que ao conectalo a un ordenador
detéctanse como unha cámara web, de xeito que son compatibles con practicamente
todo o software de transmisión de vÃdeo a través da Internet. Os botóns deste
produto serven para alternar entre fontes de vÃdeo e elixir distintos efectos e
transicións, contando tamén cun par de entradas de micrófono, o que facilita a
realización de entrevistas e presentacións. O ATEM Mini Pro permite a
realización de mesturas de audio complexas, cun total de 12 canles, entre os que
figuran as 4 entradas HDMI e as 2 entradas de micrófono estéreo. Tamén integra memoria para 20 imaxes que poden ser tÃtulos, logotipos e secuencias de apertura; e incluso permite realizar efectos de croma.
Este tipo de solución pode resultar axeitada tanto para os que busquen un xeito
económico de realizar sinais de vÃdeo, como para os que simplemente busquen
unha solución compacta, xa que cun pequeno panel conectado á Internet por cable
e un monitor serÃa posible realizar retransmisións multicámara de vÃdeo por Internet,
simplificando moito este tipo de emisións en directo.
- O Blackmagic ATEM Mini Pro ten 4 entradas HDMI e 2 entradas de micrófono, asà como un porto Ethernet para realizar emisións en vivo a través da Rede