Un novo bridge facilita a conexión de ata 4 dispositivos á nosa rede Wi-Fi

luns, 6 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

Cando queremos conectar á nosa rede Wi-Fi doméstica certos dispositivos como as primeiras consolas Xbox 360, moitos televisores conectados, reprodutores de Blu-ray ou reprodutores multimedia atopamos que pese a contar con portos Ethernet, carecen de conectividade sen fíos, de aí que xurdan os dispositivos tipo bridge coma o Linksys WES610N, que Cisco está a comercializar en España, e que vén a ser o sucesor do WET610N, do que se diferenza principalmente por contar con 4 portos Ethernet en vez de 1, o que facilita a conexión de múltiples dispositivos (pensando especialmente nos salóns domésticos) ou en despachos afastados do router conectado á Rede.
O Cisco Linksys WES610N posúe 3 antenas 2x3 MIMO cunha transferencia máxima de 300 Mbps soportando comunicacións nas bandas de 2,4 e 5 GHz (dobre banda), os seus portos Fast Ethernet operan como conmutador, está optimizado para o seu uso para vídeo en liña, a súa configuración é rápida e doada e o seu prezo é relativamente axustado, pois pode atoparse por menos de 100 euros, o que normalmente é máis económico que adquirir, por exemplo, os adaptadores Wi-Fi dunha Xbox 360 e dun reprodutor de Blu-ray conectado.

O bridge permite conectar á nosa rede Wi-Fi a un total de 4 dispositivos con Ethernet

PUBLICIDADE