Un novo disco duro en rede de LaCie inclúe copias de seguridade na nube

venres, 24 de xuño do 2011 Marcus Fernández

O LaCie CloudBox é un novo disco duro que véndese nunha capacidade de 100 Gb por 209,90 euros, o que pode parecer un prezo realmente desorbitado, pero resulta que esta unidade de 117 x 117 x 38 milímetros, 400 gramos de peso e conectividade Gigabit Ethernet non é unha unidade ordinaria, senón que realiza copias de seguridade automáticas na nube de xeito diario (contando cun servizo de almacenamento asociado que iguala a súa capacidade física) de xeito que no caso de roubo, perda ou danos no disco existirá unha copia dos documentos almacenados, polo que vén unha garantía par ao almacenamento de datos importantes.
O servizo de almacenamento en liña de 100 Gb incluído coa compra do disco ten unha duración de 1 ano, tras o que deberá renovarse (aínda que non comunicaron o prezo que tería o servizo no futuro).
Os datos almacenados no CloudBox están encriptados mediante AES de 128 bits, de xeito que están protexidos antes da súa copia aos servidores de LaCie, o que garante a seguridade dos datos, pois nin sequera LaCie podería acceder aos contidos protexidos.

Os datos almacenados no LaCie CloudBox cópianse automaticamente na nube

PUBLICIDADE