Un pingüín robótico que fala con Facebook

martes, 30 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Aproveitando o pulo de Facebook, dende a empresa suíza Arimaz están a preparar un pequeno robot chamado MyDeskFriend pensado para a súa colocación no noso escritorio e que pode reaccionar á nosa voz (recoñece 15 ordes distintas), moverse pola mesa sen caer e incluso conectarse a Facebook para ler as nosas mensaxes (e incluso poder ser controlado polos nosos amigos reais en Facebook).
Este curioso trebello con forma de pingüín sairá á venda en setembro por uns 99 dólares, e aínda que a súa utilidade é bastante discutible, resulta curioso que continúen a lanzar este tipo de robotiños, o que dá a entender que teñen o seu mercado.


Demostración do funcionamento dun prototipo do MyDeskFriend

PUBLICIDADE