Un proxecto en Kickstarter fabricará máquinas Enigma baseadas en Arduino

luns, 10 de marzo do 2014 Marcus Fernández

A compañía S&T GeoTronics de Columbus (Georgia, EE.UU.) leva un tempo facendo experimentos con Arduino, o que rematou levándoos a replicar a emblemática máquina Enigma que empregan as forzas militares alemás para cifrar as súas comunicacións, sen limitarse a emular o sistema criptográfico da máquina, senón tamén a súa aparencia, para o que abriron un proxecto de micromecenado en Kickstarter que vén de superar a súa meta a 25 días do seu remate, de xeito nos vindeiros meses os mecenas desta iniciativa recibirán recompensas entre as que se atopan kits para facer a montaxe caseira dunha máquina Enigma ou incluso unha máquina totalmente rematada, o que permite conservar así un anaco da historia, que tanto contribuíu á evolución da informática, xa que tanto a criptografía como a criptoanálise recibiron un grande pulo grazas ao reto que supuxo no seu día o sistema de cifrado de comunicacións das máquinas Enigma.
The Open Enigma Project fai accesible a creación de réplicas dunha máquina Enigma, de xeito que non teremos que pagar 133.260 libras esterlinas para facernos cunha destas máquinas orixinais, sendo posible adquirir unha réplica completa por a partir de 300 dólares (252 euros con portes incluídos), que foi posible grazas a un intenso traballo para dar forma a un ordenador electro-mecánico con tecnoloxía actual. A produción das unidades completas é moi limitada (só construirán a man un cento) de xeito que o resto de unidade terían que facelas os propios entusiastas do proxecto, ou agardar a que este iniciativa avance ata facilitar a fabricación de máis unidades a través de Factory for all (o que reduciría considerablemente o seu prezo).

Os mecenas do proxecto en Kickstarter poden optar a facerse cun kit para construír a súa propia máquina Enigma

PUBLICIDADE