Un rabbid para cargar os mandos da Wii

venres, 20 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Os usuarios que queiran librarse de marcar pilas para os mandos da Wii, e o queiran facer con humor e estilo, poden mercar un cargador para dous mandos simultáneos que inclúe pilas recargables NiMH e ten a forma dun dos coellos tolos dos xogos de Rayman que tanto éxito teñen na consola de Nintendo. O estado da carga pode comprobarse nos ollos do coello.
Aínda non se anunciou o prezo de venda deste orixinal accesorio para a Wii, pero a súa data de lanzamento será o 23 de abril, polo que os interesados poderán saír de dúbidas pronto.

PUBLICIDADE