Un reprodutor multimedia que pode funcionar coma pantalla secundaria en Windows Vista

martes, 2 de xaneiro do 2007 Marcus Fernández

O novo sistema operativo de Microsoft, o Windows Vista, incorpora unha nova funcionalidade que comeza a dar os seus froitos e que se coñece coma SlideShow, consistente na posibilidade de empregar pantallas secundarias para amosar reprodutores multimedia ou pequenas aplicacións (widgets).
Como expoñente desta característica de Vista, MSI presentou o seu Mega Player 529, que é un reprodutor multimedia que se pode conectar a un ordenador para reproducir música, ficheiros multimedia, ver presentacións PowerPoint, recibir alertas por correo electrónico ou manexar outras tarefas dende a súa pantalla de 320 x 240 píxeles de resolución.
O Mega Player 529 conéctase mediante USB e conta con 1 Gb de memoria integrada, aínda que a súa prestación máis subliñable é a de poder sacar proveito da nova funcionalidade de Windows Vista.

PUBLICIDADE