Un soporte facilita o uso de tablets en momentos de descanso

luns, 26 de marzo do 2012 Marcus Fernández

Para empregar ordenadores portátiles con comodidade no fogar existen bandexas, soportes e mesiñas de distinto tipo, que facilitan o seu uso sen repousalos sobre as pernas, pero no caso dos tablets as posturas de uso non están tan limitadas debido ao feito de a súa interface está baseada nunha pantalla táctil, polo que incluso pode empregarse totalmente deitado, e pensando niso deseñaron un soporte para tablet axustable(Adjustable Tablet Stand) que permite soster o iPad, o KIndle ou calquera outro dispositivo semellante sen ocupar as nosas mans mentres descansamos na cama ou o sofá.
Este accesorio pode gardarse en case calquera curruncho porque ocupa pouco espazo, e pode colocarse en 6 posicións distintas coa garantía de que de quedarmos durmidos, o noso tablet non rematará esnaquizándose contra o chan. Por desgraza, o seu prezo é bastante elevado, vendéndose na web por 159,99 dólares (119,99 euros).

O deseño deste soporte é válido para distintos dispositivos como eReaders e tablets

PUBLICIDADE