Un teclado busca recuperar a experiencia da máquina de escribir
xoves, 3 de xullo do 2014
Para os nostálxicos das máquinas de escribir tradicionais,
que queiran replicar a súa experiencia mecanográfica en equipos modernos,
chegará dentro dun ano un curioso accesorio que vén
de completar o seu financiamento en Kickstarter (onde pretendÃa xuntar
90.000 dólares, chegando finalmente aos 129.164 dólares), a Querkywriter, que vén a ser un teclado
mecánico semellante a unha máquina de escribir que pode conectarse a
ordenadores e dispositivos móbiles por USB ou Bluetooth, e pola que aÃnda aceptan
encargos a un prezo de 309 dólares (uns 227 euros).
Este curioso teclado con aparencia retro
incluso pode empregarse como soporte para un tablet, e presentará unhas
dimensións de 21,75 x 19,05 x 8,89 centÃmetros e uns 1,36 quilos de peso, que
buscará satisfacer a eses usuarios que quere lembrar os ruÃdos das teclas e o
tacto que tiñan cando picaban as teclas da súa máquina de escribir, aÃnda que
resulta bastante sorprendente que un produto cun prezo tan elevado consiga
xuntar a varios centos de persoas interesadas na súa adquisición con máis dun
ano de antelación.
- O teclado adopta a aparencia e a sensación táctil dunha vella máquina de escribir mecánica
- A Qwerkywriter pode servir como soporte para un tablet
VÃdeo no que podemos ver como serÃa o uso do teclado Qwerkywriter