Uncharted 3 estreará beta multi-xogador a finais de xuño
martes, 19 de abril do 2011
O xogo exclusivo
para PlayStation 3 Uncharted 3: Drake’s
Deception van estrear o vindeiro 28 de xuño unha versión de proba do seu
modo multi-xogador, e para ir preparando o terreo dende
Naughty Dog e a división de videoxogos de Sony están a dar a coñecer novos
detalles desta novidade da saga de Nathan Drake, que sempre destacou pola seu
excelente modo de xogo para un xogador, e que este ano buscará sorprender con
modos competitivos individuais ou por equipos, percorrendo decorados como The Airstrip e The Chateau facendo uso de personaxes personalizados entre os que
figuran tanto heroes como viláns.
O xogo tamén terá en conta as redes sociais que están tan de moda, integrándose
coas mesmas, de xeito que, por exemplo, será posible compartir clips das nosas
partidas en YouTube ou en Facebook, o que só é un detalle máis das facilidades
para os modos multi-xogador de Uncharted
3, aos que poderán achegarse o 28 de xuño os usuarios da PS3, aÃnda que os
subscritores de PlayStation Plus e os
compradores de InFamous 2 poderán facer
o propio con certa antelación.
Trailer do modo multi-xogador de Uncharted 3
- O modo multi-xogador de Uncharted 3 incorporará numerosas novidades