Uncharted 4 poderase mercar a 39,99 euros até o luns

venres, 8 de xullo do 2016 Marcus Fernández

Nun momento no que as tendas dixitais de Steam, Xbox e PlayStation están en plenos períodos de rebaixas dende Sony sorprenden cunha oferta lóstrego do seu xogo de máis éxito na primeira metade do ano, o moi agardado Uncharted 4, que saíu á venda hai 2 meses a un prezo de referencia de 59,99 euros, e que até o luns poderá mercarse ao prezo promocional de 39,99 euros, oferta realmente rechamante, xa que o xogo aínda está nos primeiros postos nas listaxes de vendas en todo o mundo. Os usuarios que queiran optar pola edición de luxo do xogo tamén poderán conseguila ao prezo promocional de 54,99 euros, o que supón un aforro do 26% (fronte ao 33% da edición ordinaria).
Estamos ante unha oferta moi atractiva para os que queiran gozar do derradeiro episodio das aventuras de Nathan Drake durante o verán, gozando agora do prezo que previsiblemente adoptará o xogo a partires da campaña de Nadal.
A compra do xogo agora é bastante recomendable, pois ten garantida a incorporación de novos contidos para o seu modo multi-xogador durante todo un ano, de xeito que a vida do xogo será bastante longa, facilitando tamén que os modos de xogo en liña manteñan o interese dos xogadores durante bastantes meses.

Tráiler do xogo

PUBLICIDADE