Uncharted 4 terá unha completa edición para coleccionistas

luns, 31 de agosto do 2015 Marcus Fernández

O agardado Uncharted 4: El Desenlace del Ladrón para PlayStation 4 xa ten data de lanzamento oficial, o 18 de marzo, cando chegará ás tendas este xogo de Naughty Dog que pechará a saga de Nathan Drake, e que para satisfacer aos seus moitos seareiros, vai contar con edicións de coleccionista de auténtico luxo.
Por unha banda a edición especial de Uncharted 4: El Desenlace del Ladrón incluirá unha copia en disco do xogo, acompañada por unha caixa metálica, un libro de arte en tapa dura de 48 páxinas, un lote de adhesivos e puntos para desbloquear contido no modo multi-xogador e melloras de personaxes.
Pero esta edición especial parece bastante modesta para os que queiran gardar un bo recordo da franquía, de aí que vaia comercializarse tamén a Edición Coleccionista Libertalia, que engadirá ao lote unha figura de alta calidade de Nathan Drake de 30 centímetros de altura e numerosos contido dixital (3 traxes multi-xogador, 3 skins de armas personalizadas, gorras, o traxe Madagascar Sidekick, burla pula Phurba e un tema dinámico).
Paralelamente tamén estarán dispoñibles edicións dixitais do xogo con distintos contidos descargables adicionais dispoñibles, que poderán reservarse na PlayStation Store a partires de mañá.

PUBLICIDADE